A construción deste blog responde ás inquedanzas e á iniciativa dun grupo de nais e pais na defensa do ensino público e como medio de protesta ou mobilización fronte aos recortes da Administración e a continua desvalorización da educación pública de calidade en Galicia. Denunciamos as dificultades e os crecentes recortes e entendemos que este non é un problema exclusivo do profesorado, aínda que fose este colectivo o que iniciou as manifestacións ao respecto e a pesar de que tanto os medios coma o poder político pretendan facernos crer que isto é exclusivamente un conflito laboral do profesorado.
Os recortes, o desprestixio e as carencias aféctannos a todos e a todas, á calidade da educación dos nosos fillos e fillas, a toda a sociedade e pensamos que non podemos continuar impasibles, que temos o dereito e a obriga de protestar e denunciar publicamente esta situación, e que de non producirse unha auténtica mobilización social, polo menos que se escoite a nosa voz, a nosa disconformidade…
Este blog non ten ningún tipo de vinculación política nin sindical, e unicamente se crea como un espazo de información, comunicación e intercambio de opinións e experiencias cun obxectivo común, a defensa e a revalorización dunha educación pública de calidade.
Este movemento pretende facerse extensivo ás familias de todos os centros educativos do noso Concello, así como a todas aquelas persoas con sensibilidade e interese na reivindicación do dereito dos nosos fillos e fillas á calidade da súa educación nunha escola publica, de tod@s, para tod@s...

11 dic 2012

Estimadas compañeiras e compañeiros:
 
Ante a gravidade das últimas decisións do ministro Wert, toca mobilizarnos de novo.
 
Celebróuse en Santiago a reunión da Plataforma en Defensa do Ensino Público, da que forma parte CONFAPA-GALICIA, e acordóuse unánimemente a incorporación á Xornada Estatal de Loita en Defensa da Escola Pública, convocada pola Plataforma Estatal para o vindeiro día 13 de decembro.
Tras da deliberación e tendo en conta todas as circunstancias de calendario, etc., acordóuse unánimente, mobilizar en Galicia nesa xornada co seguinte formato:
 
a) Concentracións na entrada de todos os centros educativos de Galicia o día 13, as 9:00 horas, convocando a participar nestas concentracións as nais, pais, profesorado e alumnos. Concentracións de cinco minutos, coa lectura do Manifesto da xornada. Naqueles centros onde se acorde, e se conte cun número suficiente de asistentes, rodearáse o centro educativo co sentido simbólico de cobertura e protección por parte da comunidade escolar representada.
 
b) Defínense doce cabeceiras de comarca e, en cada unha delas, un centro educativo significado e estratéxicamente situado, para realizar concentracións diante del. Na Coruña, o mesmo día 13, as 19:00 horas, no IES Eusebio da Guarda, convocando ao conxunto das comunidades escolares e ao conxunto da cidadanía. Lectura de Manifesto e pancarta da Plataforma en Defensa do Ensino Público.
 
Achegamos cartaz da movilización.
 
Federación Provincial de Anpas de Centros Públicos de A Coruña
 
 
 


14 oct 2012

 
 
 
MANIFESTACIÓN CONVOCADA POR CONFAPA GALICIA NA DEFENSA DO ENSINO PÚBLICO O XOVES 18 DE OUTUBRO, ÁS 20:00 H., NA PRAZA DA PALLOZA (A CORUÑA)
 

10 oct 2012

La Confederación de Padres y Madres de Alumnos (CEAPA) ha anunciado que recurrirá ante los tribunales la Ley de Mejora de la Calidad Educativa, que actualmente se encuentra en fase de anteproyecto, si ésta "cercena" el derecho de los padres a intervenir en el control y gestión de los centros educativos


http://www.europapress.es/sociedad/educacion/noticia-padres-recurriran-reforma-educativa-si-cercena-derecho-gestion-centros-20121009140235.html

2 oct 2012

La educación es un gran valor social que todos y todas debemos defender.
Por eso, Educación Sin Fronteras exige al Ministro de Educación que se lo tome en serio y que los presupuestos de Educación para 2013 vuelvan, como mínimo, a los niveles de 2011.
Este es el primer paso para asegurar una educación pública de calidad.

http://www.loquehayquewert.org/
STOP Ley Wert
 
Ciudadan@s por la Educación Pública manifiesta su más absoluto rechazo al anteproyecto de Ley Orgánica para la Mejora de la Calidad Educativa (LOMCE)  
 



 
 

1 jul 2012

Defender o ensino público, loitar contra os recortes en educación e acadar unha maior implicación dos pais e as nais en cuestións educativas son os principais obxetivos da candidatura 'A federación que queremos', encabezada por Helena Gómez, que onte se impuso na votación para presidir a Federación Provincial de ANPAs de Centros Públicos de A Coruña.

http://www.lavozdegalicia.es/noticia/coruna/2012/07/01/relevo-frente-federacion-apa-centros-publicos/0003_201207H1C2997.htm?idioma=galego

http://www.laopinioncoruna.es/sociedad/2012/07/01/aires-cambio-apa-corunesas/623234.html

http://www.elidealgallego.com/articulo/coruna/la-federacion-de-anpa-da-un-vuelco-y-renueva-8-miembros-de-la-directiva/20120701044852055657.html

21 may 2012


NOTA DE PRENSA
O colectivo “As Familias de Oleiros na defensa do ensino público”, fai chegar ao Conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria, Jesús Vázquez, as máis de 700 sinaturas recollidas nos diferentes centros de ensino público do Concello de Oleiros, na provincia de A Coruña, demandando a esta Consellería que deteña a política de recortes e medidas que están a afectar negativamente á calidade do ensino público e manifestando o seu apoio á defensa da calidade da educación pública.

Este Colectivo, -que xurdiu dando resposta ás inquedanzas e á iniciativa dun grupo de nais e pais na defensa do ensino público e como medio de protesta ou mobilización fronte aos recortes da Administración e a continua desvalorización da educación pública de calidade en Galicia-, reclama asemade a converxencia e confluencia das distintas plataformas e iniciativas cidadáns en prol do ensino público nunha acción plural pero unitaria, que consiga concentrar o sentir xeralizado e a reivindicación común da defensa do ensino público nunha convocatoria común de manifestación ou mobilización social en defensa da calidade da educación na escola pública, a escola de tod@s e para tod@s.



Oleiros, Maio 2012.

17 may 2012

8 feb 2012

A Xunta retrasa novamente a contratación do proxecto de obra do colexio de Nós

Oleiros, 8 de febreiro de 2012-. O Goberno autonómico retrasa novamente a contratación da redacción do proxecto de obra do futuro colexio de educación primaria que se situará en Nós. Así o sinalaron responsables da Consellería de Educación ao alcalde de Oleiros, Ángel García Seoane, nunha reunión mantida entre ambos organismos. Deste modo, o necesario equipamento docente acumula un retraso de máis de tres anos sen que de momento se definise o concretado nos prazos por parte da Administración galega.

A Consellería de Educación anunciara a contratación deste proxecto a través do DOG do pasado 22 de novembro. Neste anuncio marcábanse dous meses de prazo para a entrega á Consellería do documento de execución dos traballos. A pesar de que o pasado 19 de decembro procedeuse á apertura de sobres para a adxudicación deste, a día de hoxe continúa sen adxudicarse.

A redacción deste proxecto, que xa se incluía por parte da Xunta nos orzamentos xerais de 2010, e que se volveron a incluír nos de 2011, continúa sen realizarse a pesar de que o Concello realizara un forte investimento de 300.000 euros en adquirir e posteriormente ceder á Consellería os terreos para aloxar o centro.

García Seoane informará da situación aos colectivos sociais das parroquias de Nós e Iñás nos próximos días. Así mesmo, reunirase cos responsables dos centros educativos do municipio afectados por estes novos retrasos da Xunta.

http://www.oleiros.org